Filosofia

 

Antonio Lorenzo Gay é a terceira xeración  dunha  familia de cociñeiras na vila de
Chantada.

Aprendeu  o oficio dende cativo na súa casa seguindo o exemplo da sua avoa e nai, das
que segue a rescatar receitas para que non caian no esquecemento.
Comezou a súa formación no Centro Superior de Galicia e rematouna en Barcelona na
escola de cociña Bell-Art .

A súa formación profesional  tamén o levará a percorrer restaurantes emblemáticos de
España e de lugares máis lonxanos coma Australia, Brasil… ata chegar de volta a casa
para se consolidar no negocio familiar de eventos Mogay en plena Ribeira Sacra onde
ficará e desenvolverá a súa vida profesional.

Tamén cabe resaltar que é un cociñeiro inquieto no cal a formación nunca cesa como
nos demostra nos seus recentes stages con Francis Mallman no restaurante 7 fuegos,
en Arxentina.

En 2011 Comeza o seu proxecto  persoal,  A Braseria Faragulla Winebar,  onde  mistura
tódalas súas paixóns e experiencias adquiridas para dar lugar a un espazo onde  os
viños de Galicia se dan a man co mellor da nosa despensa ao carón das brasas.
Sen dúbida a tenreira galega, a vaca vella ou os cabritos son algunhas das estrelas da
nosa carta sen perder de vista as nosas lonxas de onde nunca falta unha boa pescada
do pincho de Burela ou ameixas de Carril….

Falar da Faragulla é falar dun destino, ¡a Ribeira Sacra! , e falar de viños de calidade, e
falar dun equipo humano cheo de paixón por transmitir o mellor da nosa terra e poñela
en valor.

¡Benvidos!